Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
A Mancomunidade de Ordes e o Concello de Ordes abren o prazo para apuntarse ás charlas de apoio para a obtención das competencias clave que se impartirán gratuitamente ata o 16 de maio
04/03/2020 (Ordes)

A Mancomunidade de Ordes conxuntamente co Concello de Ordes abren o prazo para inscribirse nas charlas de apoio para a obtención das competencias clave. A inscrición, totalmente gratuíta, pódese realizar nas oficinas da Mancomunidade de Ordes, situadas nos baixos da alameda de Ordes. Para máis información pódese chamar aos teléfonos 981680002 (Marisé, axente de igualdade) e 607642863 (Mónica).
As sesións darán comezo o día 10 de marzo e finalizarán o 16 de maio. Desenvolveranse os martes e mércores en horario de mañá e nelas impartiranse coñecementos sobre as diferentes materias de competencias clave nivel II. Todo isto facilitará a obtención dos certificados de profesionalidade de cara á súa inserción laboral. As probas finais realizaranse o 16 de maio.
As ditas charlas contan co apoio e financiamento do Fondo Social Europeo; a Secretaría Xeral de Igualdade; a Dirección Xeral de Saúde Pública, ademais da Rede de Técnicos/as de Emprego de Galicia.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo