Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
A representación teatral “Os nenos da varíola” enche a Casa de Cultura de Ordes para homenaxear a Isabel Zendal, filla predilecta do Concello de Ordes
09/03/2020 (Ordes)

A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes en colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, coincidindo co Día Internacional da Muller, promoveron a exaltación da figura de Isabel Zendal, a través dunha magnifica interpretación teatral da adaptación da novela de María Casar.
 
Presentaron a actuación Susana García Gomez (Presidenta da Mancomunidade de Ordes), Mariano Iglesias Castro (Presidente do GDR ASDECOMOR) e  Javier Blanco Carballal  (Subdirector Xeral de Relacións cos GDR da AGADER). 
 
Entre o numeroso público atopábanse varios alcaldes e membros das distintas corporacións municipais da nosa bisbarra, representantes da Asociación Isabel Zendal, encabezada pola súa presidenta Pilar Farjas, así como un elevado número de mozos e mozas.
 
Durante 55 minutos as persoas asistentes desfrutaron da sobresaínte actuación de Victoria Pérez, Isa Risco, Manu Fernández e Xosé Leis, que provocaron nas persoas asistentes risas e bágoas por igual.
 
Lembrar a Isabel Zendal foi a humilde contribución do GDR ASDECOMOR e da Mancomunidade de Ordes no Día Internacional da Muller, e o seu compromiso constante pola igualdade efectiva entre mulleres e homes.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo