Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
A Xunta convoca este mes ás persoas titulares dos terreos necesarios para executar unha senda peonil na estrada AC-524, en Ordes, para o levantamento de actas previas
04/02/2020 (Ordes)

Os propietarios das leiras deberán acudir o vindeiro día 14 á Casa Consistorial, entre as 10:30 e as 11 horas. O Goberno galego vén de licitar estas actuacións, cun investimento autonómico de preto de 650.000 euros. A senda desenvolverase pola marxe dereita desta estrada, que partindo do itinerario peonil xa existente finaliza no punto quilométrico 0+500, e discorre polo núcleo de Ordes ata o 2+000, no lugar denominado A Costa. A actuación fomenta a mobilidade alternativa e suporá a diminución do tráfico rodado que diariamente circula pola vía e a mellora da seguridade viaria.

 
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria pola que se cita este mes ás persoas titulares dos terreos necesarios para executar unha senda peonil na estrada AC-524, en Ordes, para o levantamento de actas previas.
As persoas propietarias das leiras deberán acudir o vindeiro día 14 á Casa Consistorial de Ordes, entre as 10.30 e as 11 horas. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse esta información: http://bit.ly/36WpDYQ 
 
A Xunta xa ten licitadas estas actuacións, cun investimento autonómico de preto de 650.000 euros.
Trátase da execución dunha senda pola marxe dereita desta estrada da Xunta, que partindo do itinerario peonil xa existente finaliza no punto quilométrico 0+500, e discorre polo núcleo de Ordes ata o 2+000, no lugar denominado A Costa.
Esta actuación ten como finalidades mellorar a seguridade viaria na zona, separando o tráfico peonil do tráfico rodado, e fomentar a mobilidade peonil en detrimento do uso dos vehículos. 
A senda terá unha lonxitude total de case 1,3 km, a zona de tránsito peonil constará dunha sección tipo de formigón coloreado de 2 metros separada da calzada cunha banda axardinada de 0,90 metros, salvo nalgún tramo no que non sexa posible por falta de espazo.
 
Tamén se prevé a execución dunha pasarela de 15 m sobre o río Cabrón. Este novo treito conectará co albergue de peregrinos e permitirá unir, ademais, outros focos de atracción tales como os centros educativos IES nº1 de Ordes e o colexio Alfonso Rodríguez Castelao cos pavillóns polideportivos, locais comerciais e industriais, farmacias etc.
Deste xeito, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade quere dar continuidade e conectividade entre a senda existente e o itinerario cuxo proxecto acaba de ser aprobado, o que derivará nun fomento da mobilidade alternativa e supoñerá a mellora da seguridade viaria do treito.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo