Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
A XUNTA INICIA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUNHA CUNETA DE SEGURIDADE NA ESTRADA AC-409 AO SEU PASO POR BAILÍA, EN ORDES
11/11/2020 (Ordes)

A actuación, adxudicada por un importe de máis de 48.000 euros, conta cun prazo de execución de 2 meses. Mellorarase a funcionalidade e a seguridade viaria nun treito de 300 metros. A intervención inclúe a escavación en gabia, a colocación de tubo dren de diámetro 150 mm e o recheo en cuneta con solo seleccionado

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de construción dunha cuneta de seguridade na estrada AC-409 ao seu paso por Bailía, no concello de Ordes.
 
Esta actuación foi adxudicada á empresa José No Martiñan e Hijos Construcciones, por un importe superior aos 48.000 euros, e conta cun prazo estimado de execución de 2 meses.
 
A intervención ten por obxectivo a mellora da funcionalidade e da seguridade viaria no treito de 300 metros da estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 7+150 e 7+450.
 
Na actualidade este tramo da AC-409 dispón de cunetas a ambas as marxes non revestidas e cubertas de vexetación herbácea, polo que a intervención se centra na execución de cunetas de seguridade e tubos dren.
 
Os traballos incluirán a escavación en gabia, a colocación de tubo dren de diámetro 150 mm e o recheo en cuneta con solo seleccionado. 
 
As obras execútanse en terreos de dominio público, polo que non son necesarias expropiacións.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo