Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
A Xunta reforza as actuacións contra a violencia de xénero no medio rural cun novo convenio por importe de 250.000 euros
27/07/2020 (Ordes)

 
O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, asinaron hoxe un acordo de colaboración para desenvolver medidas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
 
Alfonso Rueda explicou que o ano pasado xa se asinou coa consellería do Medio Rural un convenio para poñer en marcha medidas e actuacións contra a violencia de xénero.
 
José González sinalou que se promoverán actividades de formación para reforzar a autoestima e o empoderamento das mulleres.
 
A Xunta reforza as actuacións contra a violencia de xénero no medio rural cun novo convenio asinado hoxe por importe de 250.000 euros ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, co obxectivo de que se leven a cabo campañas de prevención e sensibilización, xa que hai que ter especialmente en conta a incidencia da violencia de xénero nas mulleres que viven no ámbito rural.
 
O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, asinaron hoxe un acordo de colaboración para desenvolver medidas ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
 
Alfonso Rueda explicou que o ano pasado xa se asinou coa consellería do Medio Rural un convenio para poñer en marcha medidas e actuacións contra a violencia de xénero que hoxe se reforzan xa que, tal e como indicou, ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero estanse impulsando actuacións en todos os ámbitos da sociedade para a eliminación da discriminación entre mulleres e homes e entre todos seguir avanzando ata conseguir a erradicación completa da violencia de xénero.
 
Pola súa parte, o conselleiro de Medio Rural sinalou que, ademais de campañas e actuacións divulgativas, o seu departamento tamén promoverá actividades de formación para reforzar a autoestima e o empoderamento das mulleres, así como para incidir na defensa persoal e na autoprotección das vítimas. Neste senso, puxo en valor a importancia que ten a muller no rural galego, onde o número de mulleres que son titulares de explotacións agrogandeiras na nosa comunidade rolda o 50%, cifra moi superior á media nacional.
 
Con este convenio, subliñou José González, póñense en marcha varias das medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, pero “temos que seguir tomando medidas e chegando a acordos para axudalas e acompañalas”, matizou o conselleiro.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo