Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Aberta a votación ata o vindeiro venres para escoller os mellores deportistas locais masculino e feminino
25/11/2019 (Ordes)

Os premios entregaranse na II Gala do Deporte, que terá lugar o 20 de decembro

Ordes, 25 de novembro de 2019.  Ata o próximo venres, 29 de novembro, a veciñanza de Ordes poderá emitir o seu voto para escoller os mellores deportistas locais masculino e feminino. Cada persoa poderá emitir o seu voto para cada categoría a través do enlace https://forms.gle/ZgMdcmLuG6zPFSWT6.

    Nesta ocasión os candidatos seleccionados previamente polos clubs, asociacións e entidades deportivas, así como pola poboación ordense en xeral  son: Santiago Moar Sánchez, Yael López Rodríguez, Martiño Caneda Pájaro, Alejandro Costra Fraga (Fútbol); Miguel López García, Marcos Vieites del Río (Hóckey); José Carlos Amor Barbeito (Ciclismo); Cristóbal Boudjenane Núñez, Christian Loureiro López, Mateo Boudjenane Liñares, Manuel Castro Rodríguez, Pablo Liñares Bustabad (Taekwondo); Jorge Taboada Botana (Kickbóxing); Daniel Loureiro Mosquera, Juan Loureiro Mosquera, Bruno García Blanco (Atletismo).

     Para a categoría feminina os nomes seleccionados son: Beatriz Fraga García (Atletismo e deporte na natureza), Isabel Fernández Bello, María Ánxeles Rodríguez del Río, María Pena Ferreiro, Alma Bello Iglesias, Diana Mosquera Suárez (Atletismo), Lara López Fernández, Xiana López Fernández (Salvamento e Socorrismo), Natalia Queijo Rivas (Fútbol sala), Ainara Loureiro López, Carla Diéguez Veiras, Abril Viqueira Pose, Olaya Blanco Sánchez (Taekwondo) e Lucía Deus Recouso (Patinaxe).

     A entrega destes premios terá lugar no transcurso da II Gala do Deporte, o vindeiro 20 de decembro a partir das 19 horas no pavillón Castelao I. Ademais do premio aos mellores deportistas locais, nesta segunda edición tamén recibirán galardón os mellores deportistas de base, a mellor entidade deportiva, o mellor patrocinador, o mellor equipo, o mellor adestrador ou adestradora, ademais dun recoñecemento á traxectoria profesional, ao mellor deportista con diversidade funcional e do Premio á Excelencia Deportiva Iván Raña Fuentes.

       Con esta entrega de premios o Concello de Ordes quere continuar co seu labor en prol da práctica de deporte e na adquisición de hábitos saudables. Destaca o seu interese por darlle visibilidade e proxección mediática a todo o traballo realizado por deportistas, entidades, equipos, clubs, asociacións etc de ámbito local.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo