Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Apertura piscina municipal "O Muíño"
17/06/2020 (Ordes)

Apertura da piscina municipal "O Muíño" tempada 2020: do 20 de xuño ao 6 de setembro

 
Abonos e inscricións para os cursos de natación: a partir do xoves 18 de xuño no departamento de deportes (1ª planta). 
 
As instalacións da piscina municipal Iván Raña manteranse pechadas polo menos ata o 1 de setembro, agardando que a situación sanitaria permita a súa apertura na nova tempada. 
 
NORMATIVA DA INSTALACIÓN
 
Obrigatorio o uso de máscara no caso de que non se poida manter a distancia de seguridade de 1,5 metros.
 
Deberanse desinfectar as mans á entrada da instalación.
 
O aforo máximo será de 509 persoas (75 % do aforo).
 
O acceso será mediante presentación de carné de aboado/a da instalación, podendo acceder mediante entrada puntual, sempre que o número de aboados/as sexa inferior ao número máximo de aforo permitido, sendo o número de entradas dispoñibles a diferenza entre o aforo permitido e o número de aboados/as.
 
Nas zonas de estancia dos usuarios e usuarias, establecerase unha distribución espacial para procurar a distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios e usuarias non conviventes. Os obxectos persoais deben permanecer dentro do perímetro de seguridade establecido de 1,5 metros, evitando contacto co resto de usuarios e usuarias.
 
A ocupación máxima para o uso dos aseos e vestiarios de clientela, visitantes ou usuarios e usuarias será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso tamén se permitirá a utilización por parte do seu acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e urinarios que teña a estancia, e deberá manterse durante o seu uso a distancia de seguridade interpersoal.
 
Non se permite o uso das duchas dos vestiarios. Permítese o uso das duchas perimétricas aos vasos de nado.
 
Os desprazamentos e uso de zonas comúns limitaranse ao mínimo necesario.
 
Non se permite o uso de material de xogo, só permitíndose o uso de material auxiliar de natación (manguitos, burbullas, lentes...).
 
Non se acudirá ou abandonarase a instalación no caso de notar síntomas compatibles co Covid-19.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo