Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Aprobado o expediente de información pública e a construción da senda peonil de Poulo
08/11/2019 (Ordes)

O DOG de hoxe publica a resolución deste proxecto que unirá Ordes co albergue situado ao pé do Camiño Inglés recentemente inaugurado. O investimento achégase aos 650.000 €. Prevese que as obras finalicen antes do Xacobeo 2021

Ordes, 8 de novembro de 2019.  O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban o expediente de información pública e o proxecto de construción da senda peonil que conectará a vila de Ordes co albergue de Poulo (AC-524). Tal e como se especifica “manterase o trazado sometido a información pública como definitivo” (http://bit.ly/2PU63b7).

     Tal e como se sinalara na xuntanza mantida o pasado mes de febreiro en Ordes entre Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade; José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes; Ovidio Rodeiro, delegado territorial da Xunta de Galicia; ademais da tenenta de alcalde Ana Soneira e persoal técnico, o presuposto total deste proxecto achégase aos 650.000 euros. Cantidade que será sufragada pola Xunta de Galicia co fin de ver as obras rematadas antes do Xacobeo 2021.  

        Esta nova senda permitirá a conexión con todas as garantías de seguridade do futuro albergue de peregrinos, situado en Poulo, coa vila de Ordes. Segundo os datos técnicos contemplados no proxecto inicial terá unha lonxitude de case 1,3 km e constará dunha sección tipo de formigón coloreado de 2 metros separada da calzada cunha banda axardinada de 0,90 metros. Tamén se prevé a execución dunha pasarela de 15 metros sobre o río Cabrón. Transcorrerá pola marxe dereita da dita estrada partindo do itinerario peonil xa existente para rematar no punto quilométrico 0+500. Discorrerá polo núcleo de Ordes ata o p.q. 2+000, no lugar denominado A Costa.

Centros educativos

Ademais de fomentar a mobilidade alternativa e diminuír o tráfico rodado motorizado da zona, este novo treito permitirá unir os centros educativos IES Nº1 e o colexio Alfonso Rodríguez Castelao, cos pavillóns polideportivos, locais comerciais e industriais, farmacias etc.

     Deste xeito dáse resposta satisfactoria á petición formulada no seu día polo Concello de Ordes no seu afán de dotar ao municipio das infraestruturas necesarias para poder ofrecer un servizo de calidade tanto á poboación peregrina que percorre o Camiño Inglés como á veciñanza. Ao respecto cómpre lembrar o lamentable suceso acontecido hai escasos días, no que unha veciña da zona finou atropelada por un vehículo cando transitaba polas inmediacións do lugar onde se levará a cabo esta obra.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo