Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Atmosfera Galicia ofrecerá un concerto da soprano Clara Panas e do pianista Rupert Twine na igrexa de Santa María
02/10/2019 (Ordes)

O domingo día 20 Ordes acollerá de balde este programa no que a música e a arquitectura histórica se dan a man ao longo do Camiño Inglés

Ordes, 2 de outubro de 2019.  O domingo 20 de outubro chegará a Ordes o programa musical Atmosfera Galicia. Trátase “dunha viaxe dos sentidos por diversos e fermosos emprazamentos que se atopan espallados polos tramos dos camiños que levan a Compostela” en palabras de Felipe González, alma máter desta iniciativa lúdico-cultural. No caso de Ordes a cita será ás 18.45 horas na igrexa de Santa María de Ordes, espazo que acollerá a actuación da soprano Clara Panas e do pianista Rupert Twine.

Un bo xeito de unir a música e a arquitectura. Atmosfera Galicia consegue levar a espazos arquitectónicos históricos unha serie de actividades musicais, pero nun formato que se distancia dos concertos habituais. “Queremos encher estes fermosos espazos de ondas sonoras da nosa terra e que o público, tanto visitantes do Camiño como veciñanza, acaden unha experiencia única podendo sentir fermosas harmonías dentro de espazos privilexiados”, explica Felipe González.

Atmosfera Galicia arrancará o vindeiro domingo, 6 de outubro. Nesta primeira edición a peregrinación transcorrerá por distintas vilas do Camiño Inglés como Ferrol, Pontedeume, Miño, Betanzos, Ordes e Santiago.

O dito proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo (Xacobeo 2021), e conta coa colaboración dos distintos concellos nos que se leva a cabo.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo