Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Centos de persoas participan nos actos de celebración de Santa Icía
23/11/2019 (Ordes)

O programa para honrar á patroa dos músicos incluíu concertos da Banda de Ordes, orquestras, gaiteiros e sorteos de agasallos, ademais dun xantar popular

Ordes, 23 de novembro de 2019. Compoñentes da Banda de Música de Ordes, veciños, veciñas, representantes institucionais, membros da Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes... Ninguén deixou pasar hoxe por alto a celebración de Santa Icía, patroa dos músicos.

Como é habitual, a Asociación Amigos da Música de Ordes foi a encargada de organizalo. O concerto ofrecido pola Banda de Música de Ordes serviu de posta de largo para os novos e novas integrantes, que foron recibidos cun sonoro aplauso por parte de todo o público. Formando parte del estiveron tamén o alcalde de Ordes e o concelleiro de Cultura, José Luis Martínez Sanjurjo e Abel Blanco respectivamente.

Tras a actuación deu comezo un xantar popular no que 250 comensais deron boa conta dun menú tradicional con polbo, xamón asado, empanada, viño sobremesas etc. Ao remate a música envolveu unha vez máis o pavillón Campomaior, escenario habitual desta cita dende hai uns anos. Novamente a Banda de Música de Ordes, esta vez a carón de Embruxo Gaiteiros e a orquestra Xacobeo, animaron a quen ata alí se achegou. Mentres, os máis cativos e cativas non paraban de saltar e divertirse nos inchables instalados para a ocasión. Por último, sorteáronse diversos premios e agasallos, como unha actuación da mesma banda ou varios xamóns e cestas de Nadal.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo