Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Contratadas as obras por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para acometer unha fase de humanización e mellora do Campo da Feira no Mesón do Vento (Ardemil) por importe de 50.900 euros
19/12/2019 (Ordes)

En virtude do acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ordes, vaise realizar unha primeira fase de obras en materia de urbanismo consistentes en humanizar e mellorar o Campo da Feira no Mesón do Vento (Ardemil).
 
O plan Hurbe 2019-2020, na súa estratexia de articular actuacións para unha posta en valor de determinados lugares de vilas e parroquias, financia con 35.626,70 euros (70%) esta obra. O resto dos fondos son propios do Concello de Ordes.
        
En conformidade co acordo de colaboración rubricado en convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ordes, vaise executar unha primeira fase da obra comprometida de humanizar e mellorar o Campo da Feira no Mesón do Vento (Ardemil), cun importe total de preto de 50.900 euros, financiados o 70% pola Consellería e o 30% restante polo Concello de Ordes.
 
Descrición das obras e xustificación da solución adoptada.
 
A presente obra, que se pretende executar con anterioridade á celebración da XXI edición da Feira do Lacón con Grelos prevista para o 7 e o 8 marzo de 2020, contempla a realización de obras para a humanización e mellora do Campo da Feira, como a formación de 1.075,80 m2 (35x1,80; 145x2,10; 45x2,10; 35x2,50; 48x2,10; 45x2,10; 40x4,50; 30x2,00; 7x5,00; 8x4,50; 10x8,00 m) de pavimento en reposición de beirarrúas existentes en estado moi deficiente e pavimentación de sobreanchos, con cinco centímetros de xabre e quince de formigón armado, lavado, formado por capa de area de río de granulometría 0-5 e colocación de 88,70 m de bordo de formigón para reposición do existente naquelas zonas máis necesitadas, tras a demolición previa, nivelación e compactación do pavimento.
Previamente á execución das beirarrúas preténdese a canalización de 70 m de tubaxe de 315 mm de diámetro e a execución de 2 pozos de rexistro con sumidoiro para canalización de augas pluviais, e canalización de 358 m de tubo de polipropileno verde para iluminación pública, tras a escavación previa dunha gabia e o posterior recheo compactado desta.
Completan a obra, para harmonizala no contorno, a plantación de 10 árbores de sombra con terrón, incluso cultivo, ata a súa total implantación, e a reposición do pavimento afectado pola execución das obras.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo