09/08/2019 (Ordes)
Ordes, 9 de agosto de 2019. Tal e como se esperaba, a tarde de hoxe será inesquecible para os centos de nenos e nenas que se achegaron ata o pavillón Campomaior. Alí os agardaban unha morea de xogos e entretementos por mor do Día do neno e da nena, englobado dentro do programa estival de ocio Unha viaxe pola cultura.
Durante máis de tres horas puideron desfrutar con xogos de habilidade realizados con material de refugallo, gardería, varredoras para brincar, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, obradoiros, circuítos, safari park, animacións, xeados, flocos de millo etc. Como é costume, unha gran festa da espuma puxo o punto final a esta xornada organizada polo Concello de Ordes.