Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Empezan as celebracións da malla de Ardemil
08/08/2019 (Ordes)

Ordes, 8 de agosto de 2019. Esta fin de semana a localidade de Ardemil celebrará, un ano máis, a súa tradicional malla. Da man da Asociación Cultural Castro da Croa, en colaboración co Concello de Ordes e varias empresas da zona, o programa inclúe toda unha serie de actos e mostras de grande interese para veciños, veciñas e visitantes.

     A primeira data está posta para mañá venres, 9 de agosto. A partir das 22 horas repartirase de balde touciño entrefebrado entre as persoas asistentes, que ademais poderán botar máis dunha baila coa actuación en vivo que terá lugar.

     Xa para o sábado, ás 12 horas, dará comezo a xornada principal na que o público poderá contemplar e revivir a malla. A esa hora toda a cuadrilla de labregos e traballadores ocuparán o campo onde levarán a cabo os labores de separar debidamente a palla do gran, facendo uso en todo momento de apeiros e maquinaria tradicional.

     Novamente haberá feira de antigüidades e unha ampla exposición de tractores, coches, motos, motores e apeiros doutras épocas. Tamén se poderán contemplar ou adquirir obxectos como pías, adornos, mobles, farrapos, motores de máquinas de mallar etc, moitos deles con máis dun século ás súas costas.

    O 'Dúo Suso' e un grupo de gaitas porán a nota musical a esta xornada na que tamén haberá un gran xantar popular baixo unha carpa, e en cuxo menú non faltarán nin o polbo nin a carne ao caldeiro.    

     Para calquera información ou consulta pódese chamar ao teléfono  676221905.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo