Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
ENTREGA DO PREMIO DA CAMPAÑA “NOITE BRANCA DE SAMAÍN”
12/11/2020 (Ordes)

O presidente de AECOR CCA, David Viaño Noya, entregou o premio consistente nunha semana nunha autocaravana a Marisa Meijide, gañadora da campaña "Noite Branca de Samaín", unha nova campaña da Asociación de empresarios e comerciantes de Ordes que relevou a campaña recentemente finalizada “Días Azuis”, a cal se repetirá novamente do 9 ao 30 do presente mes. No sorteo, a afortunada saíu elixida entre máis de 10.000 tarxetas participantes, o que demostra o compromiso da veciñanza ordense por axudar ao comercio local nestas datas nas que tan necesaria é a súa axuda para manter con vida o noso pobo.
Segundo a organización, "a campaña supuxo todo un éxito de participación, con máis de cen comercios da vila ofrecendo á súa clientela unha tarxeta por cada compra realizada" aínda que nada sería posible sen a vontade de toda a xente que mercou nos máis de 100 establecementos, que demostra a boa acollida de todas as campañas que se levan feito ata o momento por parte de AECOR CCA.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo