Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Entrega dos títulos de propiedade da zona de reestruturación parcelaria de Leira
29/05/2017 (Ordes)

Este mércores, 31 de maio, a partir das 10.30 horas no hotel Barreiro

Ordes, 29 de maio de 2017. O vindeiro mércores, 31 de maio, a partir das 10.30 horas no hotel Barreiro (Leira) o Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruña entregará os títulos de propiedade da zona de reestruturación parcelaria de Leira.

Os títulos poderán ser retirados polos propios interesados ou ben por outra persoa no seu nome, sempre e cando presenten o recibo correspondente entregado no seu día, ademais do DNI da persoa que o retira e a autorización do propietario. Os títulos de propiedade que no se retiren neste día poderán retirarse a partir do día seguinte nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruña (Edificio Administrativo de Monelos. Rúa Vicente Ferrer Nº2 6º andar, A Coruña).


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo