Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
ENTROIDORDES 2021
10/02/2021 (Ordes)

 
Concurso de disfraces do Entroido 2021.
 
Nesta edición, ante a situación epidemiolóxica que vivimos e para evitar aglomeracións nas rúas, o concurso realizarase a través da presentación de vídeos, e será requisito imprescindible que os/as participantes vaian disfrazados/as.
 
Participantes.
 
Poderán participar no concurso todas e todos aqueles veciños e veciñas de Ordes, residentes no termo municipal, que teñan a idade requirida para cada categoría.
 
Estas categorías serán:
 
XOVE: Ata 14 anos.
 
SÉNIOR: Máis de 14 anos.
 
FAMILIAR: Sen límite de idade ou número de participantes, mentres sexan conviventes.
 
Condicións da participación.
 
Nas dúas primeiras categorías poderase participar de xeito individual ou colectivo (sempre que todas e todos os participantes estean dentro da franxa de idade desa categoría). Se existisen persoas participantes con idades pertencentes a distintas categorías, deberán competir na categoría familiar. Todas as participacións colectivas deberán ser de persoas conviventes. Será requisito ir disfrazado e o vídeo poderá consistir nun baile, canción, parodia, imitación etc. O límite máximo será de 3 minutos.
 
Poderase editar ou gravar utilizando calquera programa ou app, como por exemplo tik-tok, se ben será necesario subilo ao Facebook coas seguintes instrucións:
 
Seguir a páxina oficial do Concello de Ordes en Facebook @concellodeordes.
 
Publicar o vídeo na páxina persoal do/a participante seleccionando a opción “PÚBLICO”.
 
Mencionar na publicación do vídeo á conta @concellodeordes. Engadir tamén a categoría na que se participa e o hashtag #EntroidOrdes2021.
 
Enviar unha mensaxe privada ao Facebook do Concello de Ordes na que se especificarán os seguintes datos:
 
Nome do vídeo.
 
Nome, apelidos e DNI da persoa inscrita ou representante (maior de idade).
 
Idade e categoría na que participa.
 
Teléfono de contacto.
 
#EntroidOrdes2021
 
Prazos.
 
Dende o mércores 10 ao mércores 17 de febreiro de 2021.
 
Prazo de votación: Ata o 21 de febreiro de 2021.
 
O luns 22 de febreiro realizarase o reconto a anunciaranse os/as gañadores/as por medio das redes sociais e a páxina web do Concello de Ordes.
 
Premios.
 
Categoría Xove (Ata 14 anos)
 
1º Premio: Vale de 300 € para gastar no comercio local.
 
2º Premio: Vale de 200 € para gastar no comercio local.
 
3º Premio: Vale de 100 € para gastar no comercio local.
 
Categoría Sénior (Máis de 14 anos)
 
1º Premio: Vale de 300 € para gastar no comercio local.
 
2º Premio: Vale de 200 € para gastar no comercio local.
 
3º Premio: Vale de 100 € para gastar no comercio local.
 
 
 
Categoría Familiar
 
1º Premio: Vale de 300 € para gastar no comercio local.
 
2º Premio: Vale de 200 € para gastar no comercio local.
 
3º Premio: Vale de 100 € para gastar no comercio local.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo