
25/11/2019 (Ordes)
Ordes, 25 de novembro de 2019. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe luns, 25 de novembro, publica a modificación definitiva do regulamento da piscina Iván Raña Fuentes. Faise así público de maneira oficial o novo horario, o cal xa fora aprobado no pleno do pasado mes de setembro. Así a instalación abrirá os sábados de 8 a 14 e de 16 a 21 horas, mentres que os domingos o fará de 9.30 a 14 horas. De luns a venres manterase o horario de sempre, de 8 a 14 e de 16 a 23 horas. Como vén sendo costume o mes de agosto permanecerá pechada por vacacións do persoal.