Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Grande avance na nova zona de esparexemento de Parada
07/11/2019 (Ordes)

O orzamento destinado polo Concello de Ordes a este proxecto supera os 48.300 €

Ordes, 7 de novembro de 2019.  O Concello de Ordes mostra a súa satisfacción polo bo ritmo que seguen as obras de arranxo da nova área de esparexemento situada a carón da igrexa de Parada, a cal agarda que estea rematada nas próximas semanas sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan. O orzamento total desta obra acada os 48.387,90 euros.

    O proxecto inclúe a pavimentación de 930 metros cadrados, dos cales 850 executaranse con formigón armado desactivado, mentres que nos 80 restantes colocarase un lousado de granito moreno. Deixaranse tamén aberturas axardinadas, así como as formacións de sobreiras xa existentes. Contémplase tamén a instalación de bordos de formigón e chanzos de pedra granítica entre outros.

    Por último colocaranse tres bancos e a plantación de árbores e sebes.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo