Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Novo e mellorado aspecto para unha parte das vías da Ermida e Nouche
08/11/2019 (Ordes)

Finalizadas as obras de arranxo nas que o Concello investiu preto de 49.700 €

Ordes, 8 de novembro de 2019.O Concello de Ordes vén de investir 49.653,40 euros na mellora da súa rede viaria. Grazas a isto as vías da Ermida, na parroquia de Beán, e o acceso ao Outeiro, en Nouche, presentan un novo aspecto.

     No primeiro caso ao longo de tres treitos executouse a mellora da capa de rodaxe no pavimento e na zona de acceso, con aglomerado quente e tratamento asfáltico respectivamente. Para o arranxo da pista do Outeiro aplicouse tamén un tratamento asfáltico superficial e rego de selado. En todos os casos previamente realizouse reparación de fochas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo

     Para rematar limpáronse as gabias e salvagabias, co fin de que a drenaxe das zonas, tanto lonxitudinal como transversal, se realice de maneira correcta.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo