Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O centro de saúde de Ordes inicia a actividade de tarde a partir de xaneiro
26/11/2020 (Ordes)

2 facultativos, 1 enfermeira, 1 persoal de servizos xerais e 1 fisioterapeuta darán atención sanitaria ordinaria. Increméntase así a carteira de servizos deste centro, que xa aumentara este ano coa incorporación dunha traballadora social

A xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza implanta a atención ordinaria de tarde no centro de saúde de Ordes. Desde o vindeiro mes de xaneiro 2 facultativos, 1 enfermeira, 1 PSX e 1 fisioterapeuta atenderán aos ordenses no seu centro de saúde todas as tardes laborables. Atención que se vén sumar á asistencia urxente que presta o Punto de Atención Continuada tardes e noites, ademais dos festivos.
 
Esta ampliación da carteira de servizos no centro de saúde ordense vénse sumar á incorporación dunha traballadora social a principios deste ano e ás melloras en infraestruturas (obras de mellora en pediatría) e á adquisición de nova tecnoloxía sanitaria este ano, como desfibrilador, espirómetro, electrocardiógrafo, desfibrilador ou dermatoscopio, entre outros.
 
Este centro de atención primaria conta cun cadro de persoal de máis de 30 profesionais e con numerosos servizos de apoio, ademais da atención de medicina de familia, pediátrica e de enfermería, como matrona, fisioterapeuta, hixienista bucodental, odontoloxía, farmacia e traballo social, implantado este ano. En total, o pasado 2019 os traballadores e traballadoras dos diferentes servizos realizaron máis de 145.000 consultas de todo tipo cunha poboación de máis 13.000 tarxetas sanitarias.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo