Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Ordes aproba a III fase do programa de aforro enerxético por máis de 222.000 euros
28/11/2019 (Ordes)

Estímase unha redución de gasto de máis de 32.912 euros anuais

Ordes, 28 de novembro de 2019.  O Concello de Ordes presentou ante o IDAE o proxecto para a terceira fase da actuación de aforro enerxético no alumeado público de varias instalacións do municipio. O investimento previsto para esa actuación englóbase no marco do Programa Operativo FEDER para o crecemento sostible 2014-2020, e conta cun orzamento total de 222.174,76 euros. Estímase que de concederse a axuda e logo de executarse esta actuación producirase unha redución no gasto por máis de 32.912 euros anuais; e dun consumo enerxético de 218.196 kWh.

     A maioría dos actuais puntos de luz presentan un estado deteriorado e contan con equipos obsoletos que fan moi recomendable a súa renovación co obxectivo de reducir o gasto enerxético. Todo isto mediante a utilización de tecnoloxías máis eficientes, a redución da potencia instalada, o axuste dos horarios de acendido e a implantación de sistemas de regularización de consumo segundo o horario. Tamén se pretenden minorar os gastos de mantemento mediante o aumento da vida útil das luminarias, a mellora das condicións de confort visual mediante o axuste de parámetros de iluminación a cada tipo de vía, así como coa adecuación das instalacións ao regulamento vixente.

     As instalacións que se van reformar previstas nesta terceira fase do proxecto caracterízanse polo emprego de luminarias obsoletas cun rendemento baixo, a utilización de lámpadas de vapor de mercurio e a deterioración marcada polo paso do tempo.

     Cada centro no que se intervirá inclúe a substitución de luminarias existentes por outras tipo LED, así como os brazos que eleven a posición da fonte de luz. Tamén a renovación dos centros de mando actuais, a eliminación doutros e a conexión de liñas existentes a cadros que se van renovar. Unha vez reformadas todas as instalacións terán unha cualificación enerxética tipo A, cumprindo ademais co disposto no Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión.

     Entre os lugares nos que se levarán a cabo os traballos figuran: Aldea de Adina e A Brea (Ardemil), Castrelos e A Igrexa (Leira), lugares das Pereiriñas, A Igrexa, O Pazo, Agromaior, Xermiñas e O Couto (Lesta), lugares da Fraga da Galiña, O Valado, Darefe, O Bidueiro, O Casal e Reboredo (Ordes), núcleo da Albariña (Montaos), rúas dos Lagartos e O Recreo (casco urbano de Ordes), e unha parte da última fase no polígono empresarial de Merelle.

  


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo