Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Ordes recibe unha axuda IDAE por importe de 179.017,56€ para a III fase do programa de aforro enerxético no alumeado público
11/02/2020 (Ordes)

Estímase unha redución de gasto no alumeado público por máis de 32.912 euros anuais, unha vez que se complete a substitución das máis de 400 luminarias previstas en cambiar a LED.
 
O Concello de Ordes acaba de recibir a subvención do IDAE por importe de 179.017,56 euros para licitar a terceira fase da actuación de aforro enerxético no alumeado público de varias vías públicas do municipio. O investimento para esa actuación englóbase no marco do Programa Operativo FEDER para o crecemento sostible 2014-2020, e conta cun orzamento total no proxecto de 222.174,76 euros. Estímase que tras esta actuación producirase unha redución de gasto de máis de 32.912 euros anuais e dun consumo enerxético de 218.196 kWh.
 
         Algúns destes puntos presentan un estado deteriorado e contan con equipos obsoletos que fan moi recomendable a súa renovación co obxectivo de reducir o gasto enerxético. Todo isto mediante a utilización de tecnoloxías máis eficientes, a redución da potencia instalada, o axuste dos horarios de acendido e a implantación de sistemas de regularización de consumo segundo o horario. Tamén se pretenden minorar os gastos de mantemento mediante o aumento da vida útil das luminarias, a mellora das condicións de confort visual mediante o axuste de parámetros de iluminación a cada tipo de vía, así como coa  adecuación das instalacións ao regulamento vixente.
 
     As instalacións que se van reformar previstas nesta terceira fase do proxecto caracterízanse polo emprego de luminarias obsoletas cun rendemento baixo, a utilización de lámpadas de vapor de mercurio e pola deterioración marcada polo paso do tempo.
 
     Cada centro no que se intervirá inclúe a substitución de luminarias existentes por outras tipo LED, así como os brazos que eleven a posición da fonte de luz. Tamén a renovación dos centros de mando actuais, a eliminación doutros e a conexión de liñas existentes a cadros que se van renovar. Unha vez reformadas todas as instalacións terán unha cualificación enerxética tipo A, cumprindo ademais co disposto no Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión.
 
     Entre os lugares nos que se levarán a cabo os traballos figuran: núcleos de Adina e A Brea (Ardemil), Castrelos e A Igrexa (Leira), aldeas das Pereiriñas, A Igrexa, O Pazo, Agromaior, Xermiñas e O Couto (Lesta), núcleos da Fraga da Galiña, Darefe, O Bidueiro, O Valado, O Casal e Reboredo (Ordes), aldea da Albariña (Montaos), así como as rúas Lagartos e O Recreo (Ordes), e a derradeira fase no polígono empresarial de Merelle.
 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo