Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Ordes retoma a execución e licitación de sete obras públicas locais, que suporán un investimento total de 1,17 millóns de euros
21/04/2020 (Ordes)

A decisión vén motivada e consensuada co persoal técnico logo da petición das empresas de construción tras unha carta enviada ao rexedor de Ordes dende Apecco, Asociación provincial de Empresarios da Construción da Coruña, o pasado mércores día 15 de abril, así como polo feito da recuperación da actividade no sector da construción dende o pasado 13 de abril. En todos os casos débense cumprir de forma estrita as medidas sanitarias ante a pandemia de coronavirus para garantir a saúde dos traballadores, polo que se esixirá un apartado específico nos plans de seguridade e saúde no traballo.

O Concello de Ordes vén de retomar esta mañá a actividade na plataforma de contratación do Estado, co reinicio do cómputo de prazos para dúas obras suspendidas o pasado 17 de marzo; así como retomando a execución doutras dúas obras pendentes de pechar o proceso de contratación; e procedeuse coas xeracións e modificacións de crédito para poder sacar a licitación coa maior brevidade as 3 obras aprobadas polo IDEA -Instituto para a Diversificación e aforro de Enerxía-, axudas ás EELL para proxectos de investimento en economía baixa en carbono (fondos FEDER) no período 2014-2020.
 
O importe total das 7 obras ascende á cantidade de 1.176.223,14 euros.
 
A decisión veu especialmente motivada e consensuada co persoal técnico municipal e cos proxectistas, contratistas e dirección de obra, logo da petición formulada nun escrito das empresas de construción tras unha carta enviada ao rexedor de Ordes dende Apecco -Asociación provincial de Empresarios da Construción da Coruña- o pasado mércores día 15 de abril, así como polo feito da recuperación da actividade coa apertura do confinamento para o sector da construción dende o pasado 13 de abril.
 
Relación das obras.
 
IDAE – Iniciados exptes. modif. créditos, próximas licitacións.
 
Actuacións de aforro enerxético nos alumeados públicos do concello de Ordes -Fase II    202.439,05 €
 
Actuacións de aforro enerxético nos alumeados públicos do concello de Ordes -Fase III    223.771,96 €
 
Instalación solar térmica na piscina climatizada comarcal Iván Raña Fuentes    106.536,40 €
 
POS+ Adicional 1/2019 – 1ª fase (en contratación para executar)
 
Camiño A Pedreira a Castrelos por Escola (Leira) e outros    138.787,45 €
 
Senda peonil da Rúa a Vilariño (Buscás) e outros    273.983,72 €
 
POS+ Adic. 1/2019 – 2ª fase (licitación – prazo 24/04/2020 - 23:59h)
 
Estrada de Fosado a Parada (Montaos)      91.364,23 €
 
Camiño do Barroso-Fosado (Montaos) e outros    139.340,33 €
 
Medidas sanitarias.
 
É unha das decisións acordadas polo Concello para garantir a prestación dos servizos públicos e o funcionamento da economía dentro das restricións vixentes, e de acordo coas competencias locais. En todos os casos, débense cumprir de forma estrita as medidas e recomendacións sanitarias ante a epidemia de coronavirus para garantir a saúde dos traballadores, polo que se esixirá un apartado específico nos plans de seguridade e saúde no traballo.
 
Con estas decisións o Concello de Ordes demostra capacidade de iniciativa propia no marco das súas competencias en materia de contratación, e está a emprender conforme xa fixo a Xunta de Galicia en días pasados, as accións necesarias para manter a actividade das administracións durante as restricións do Estado de Alarma pola epidemia de coronavirus co obxectivo de conseguir un correcto funcionamento dos servizos esenciais e estar en condicións de continuar o iniciado e poder retomar a actividade coa maior axilidade posible en canto se levanten as limitacións actuais.
 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo