Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Concello de Ordes solicita a colaboración veciñal para mellorar o servizo de telefonía móbil no municipio
08/08/2019 (Ordes)

Pídese que se informe sobre as zonas con falta de cobertura

Ordes, 8 de agosto de 2019.  Dende o Concello de Ordes solicítase a colaboración de toda a veciñanza para mellorar as condicións do servizo de telefonía móbil no municipio. Para isto precísase concretar coa maior exactitude as áreas que carecen de cobertura, sempre que se trate de zonas de vivendas ou núcleos de poboación (non se considerarán zonas de bosque ou parcelas baleiras).

     Por isto solicítase que se comuniquen os seguintes datos: Nome e apelidos da persoa que envía a comunicación, DNI, teléfono de contacto, nomes da parroquia e do lugar exacto onde se rexistra a zona de sombra (núcleo ou aldea). Deberán achegar estes datos ata o día 11 como data límite, mediante mensaxe privada a través do Facebook do Concello de Ordes ou ben no correo prensa@concellodeordes.com.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo