Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Mesón do Vento prepárase para a súa XXII Festa do Lacón con Grelos
06/03/2020 (Ordes)

Terá lugar esta fin de semana, 7 e 8 de marzo. O domingo será o día grande, con degustacións gastronómicas. O programa inclúe poxas de gando, así como mostras de aves, maquinaria agrícola, artesanía, produtos do campo etc. Paralelamente celebrarase o V Encontro Folclórico

 
Milleiros de persoas agárdanse para esta fin de semana, 4 e 5 de marzo, no Mesón do Vento, localidade onde se celebrará a XXII Festa do Lacón con Grelos. Toda unha tradición gastronómica e culinaria a través da que se destaca a calidade dos produtos da gandería e do agro ordense, en especial os seus grelos. 
 
     A nave de gando do Mesón do Vento, parroquia de Ardemil, será o espazo central arredor do que se vertebren a maioría das actividades incluídas no programa deste ano. Tanto o sábado como o domingo as portas abrirán a partir das 10 horas cunha ampla exposición de gando e aves de razas autóctonas; unha feira de artesanía e produtos do campo, maquinaria agrícola etc. Cachenas, limiás, lemosinas, rubia galega, porcos celtas, cabras galegas ou cabalos serán algunhas das especies e razas que se poderán contemplar. A iso das 11 horas terá lugar a presentación de cabalos de Pura Raza Galega. A parte máis animada e musical chegará ao mediodía co V Encontro Folclórico, no cal participan as agrupacións Sementes da Arte, Camiño Real de Poulo, Asociación Folclórico Cultural Veciños de Leira e as Pandeireteiras de Ardevento. 
Ás 16.30 horas comezarán as probas de agility canina, nesta ocasión a cargo do club Mancoguau, procedentes de Santiago de Compostela. O gran concurso de disfraces iniciará o seu percorrido a partir das 17.30 horas, con máis de 1.000 euros en premios a repartir entre as comparsas e os disfraces individuais participantes. O peche do recinto está previsto ás 20 horas. 
     
    Xa pola tarde, concretamente ás 16.30 horas, dará comezo a proba de agility canina e unha hora máis tarde o IV Encontro folclórico coa participación das agrupacións Sementes da Arte, Camiño Real de Poulo, Asociación Folclórico Cultural Veciños de Leira e as Pandeireteiras de Ardevento. 
 
O domingo, día grande da festa do Lacón con Grelos, novamente a xornada dará comezo ás 10 horas. Ademais das mostras e exposicións este día os gaiteiros e os pasacalles animarán o ambiente dende ben cedo, A partir das 11 horas terá lugar a primeira proba de Quin Andadura Chapada Libre, seguida media hora máis tarde pola poxa de gando, acto no que colabora a Xunta de Galicia. Tamén haberá probas de Quin Trote Libres e, como de costume, a tradicional degustación de lacón con grelos polos bares e establecementos da zona. 
 
     Bares e restaurantes da zona empezarán a servir as racións e degustacións de lacón con grelos a partir das 12 horas.Tras o xantar disputarase unha xincana entre todas e todos os xinetes, ademais de competicións de Andadura Serrada Libre e carreiras de burros. Máis información e bases en: www.ordes.gal. Os premios asignados en total para as probas superan os 1.300 euros.
 
     A XXII Festa do Lacón con Grelos rematará ambos os día ás 20 horas. Organizada polo Concello de Ordes, esta festa conta coa colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia,  Africor Coruña, Federación Galega de Razas Autóctonas de Galicia e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego. 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo