Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
O Sábado de Piñata enche as rúas de Ordes de diversión co seu tradicional concurso de disfraces
02/03/2020 (Ordes)

As adversas condicións climatolóxicas non minguaron o máis mínimo os ánimos dos numerosos participantes do concurso de disfraces organizado polo Concello de Ordes en colaboración con Jaime Castro e Reale Seguros.
 
Pasadas as 17 horas, arrancaba, en dirección á explanada do Campo da Feira, o desfile das diferentes comparsas, carrozas e participantes individuais vidos de distintos lugares da nosa contorna, facendo ao seu paso as ledicias do numeroso público presente ao longo do percorrido do desfile polas principais rúas da nosa vila.
Unha vez chegados ao Campo da Feira, todos os participantes realizaron as súas mellores coreografías para encandear ao xurado e intentar levar algún dos premios dun total de máis de 4000 € repartidos entre as diferentes categorías.
 
Rematadas as coreografías de todos os participantes, durante a deliberación do xurado, tanto os participantes como o público asistente desfrutaron dunha incrible festa con Pablo Ríos, persoa encargada de presentar o evento, que fixo as delicias dun público que non parou de cantar e bailar, con “récord mundial de conga” incluído. 
 
Finalmente os premios foron entregados polo alcalde de Ordes acompañado por unha gran parte dos integrantes do seu equipo de Goberno, con especial mención a Abel Blanco, concelleiro de Cultura, e a José Antonio Cabeza, concelleiro de Obras e Infraestruturas, que quixeron dar exemplo e viñeron con cadanseu disfrace.
 
Os premiados no Sábado de Piñata foron os seguintes:
 
Individual infantil
 
O Tanque.   100 euros
 
Alboroto no galiñeiro.  80 euros
 
Os Romanos.  60 euros
 
Comparsas infantís:
 
Pequepiratas.  225 euros
 
As veces é mellor non ver.  175 euros
 
De Galicia para o mundo. 135 euros
 
Individual adulto. 
 
Os coches de choque.  170 euros
 
Maruxa hai que plantar. 120 euros
 
Madre naturaleza. 90 euros
 
Adultos comparsas:
 
Os trasnos da muiñeira. 400 euros
 
Coser e cantar todo é empezar. 300 euros. 
 
As vespas tiran ao monte. 200 euros
 
Carrozas
 
O mar fantástico. 600 euros
 
Simpatía
 
O Papa en Ordes. 150 euros
 
Especial Concello de Ordes á mellor comparsa municipal:
 
Mamma Mía. 200 euros.
 
Un ano máis o Entroido do Concello de Ordes foi patrocinado por Seguros Reale e Jaime Castro Asesores.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo