Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLÓ – RÍO SAMO III
10/11/2020 (Ordes)

A CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA ACABA DE CONCEDER AO CONCELLO DE ORDES, FRADES E MESÍA UN NOVO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO DENOMINADO: “OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO III”

Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes e nel colaboran os Concellos de Frades e Mesía. 
Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro, de como mínimo tres meses máis.
 
As especialidades que se impartirán son:
 
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
 
Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Nivel 2.
 
 
Todas aquelas persoas interesadas en participar na selección, tanto como persoal directivo, docente e de apoio, ou como alumnado-traballador  deberán estar inscritas no  Servizo Público de Emprego de Galicia e solicitar os obradoiros de emprego, tendo como data límite ata o venres día 13 de novembro de 2020. O prazo xa estivo aberto durante todo o ano.
 
 
AVISO MOI IMPORTANTE DADA A SITUACIÓN OCASIONADA POLA PANDEMIA DO COVID-19: PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO  DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DE CALQUERA DESTES MEDIOS:
 
NOS NÚMEROS DE TELÉFONO: 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego de Ordes (881 960 455 /456 /457)
 
A TRAVÉS DA PÁXINA:  http://emprego.xunta.gal
 
OU A TRAVÉS DA APLICACIÓN : MOBEM.
 
VERSIÓN ANDROID
 
VERSIÓN IOS


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo