Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Ordes investirá máis de 200.000 € na súa mellora enerxética
04/11/2019 (Ordes)

O proxecto contempla o cambio de máis de 500 puntos luminosos, o que se traduce nun aforro anual de pouco máis de 50.000 €. O IDAE concédelle unha axuda ao Concello de case 162.000 €

Ordes, 4 de novembro de 2019.  O Concello de Ordes levará a cabo en próximas datas un amplo plan de mellora do sistema de iluminación público. O investimento total para este proxecto acada os 2012.439,05 euros, dos cales 161.951,24 euros serán sufragados coa axuda concedida por parte do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) dentro do marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-20, orientado a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono.

    A renovación de distintos alumeados municipais, moitos deles obsoletos e deteriorados polo paso do tempo, faise máis que aconsellable. Tras o pertinente estudo e a elaboración do inventario son máis de 500 puntos de luz que se deben cambiar ao longo das rúas Galicia, Rosalía de Castro, Campeiras, Alfonso Senra, Campo da Feira e na zona de Guindibó. Con todo isto estipúlase un aforro de 56.090 euros anuais (266.347,49 kw).

     Os obxectivos son minorar o gasto enerxético a través de tecnoloxías máis eficientes, reducindo a potencia instalada, axustando os horarios de apagado e acendido, e implementando sistemas de regulación para o horario de madrugada. Outro xeito de incidir no aforro será mediante o aumento da vida útil das luminarias, o axuste dos parámetros de iluminación segundo o tipo de vía e a adecuación das instalacións ao regulamento vixente. A actuación inclúe para cada centro de mando, entre outras, a substitución de luminarias por outras de tipo LED e a dos brazos para elevar os puntos de luz. Finalizadas as obras todas as instalacións terán unha cualificación enerxética A, cumprindo co exposto no regulamento electrotécnico de baixa tensión.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo