Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Pablo Díez e Andrés Nouche tomaron posesión como policías locais do Concello de Ordes
29/01/2020 (Ordes)

Esta mañá na sala de xuntas do Concello os novos policías da policía local de Ordes tomaron posesión ante o alcalde José Luis Martínez Sanjurjo, acompañados do oficial xefe Eduardo Rodríguez e o compañeiro Iván Otero.
 
Na mañá de hoxe foron nomeados funcionarios de carreira do Concello de Ordes Pablo Díez Nieto e Andrés Nouche López, na clase de policía local, logo de superar as probas selectivas correspondentes convocadas por Orde do 04/07/2018 (DOG núm. 134, do día 13/07/2018) e o preceptivo curso selectivo para o acceso á categoría de policía dos corpos da policía local convocados por Resolución do 25/02/2019 (DOG núm. 48, do día 08/03/2019).
 
Toma de posesión.
 
O acto de toma de posesión efectuouse ás 10h na sala de xuntas do edificio antigo do Concello de Ordes, estando presentes os dous novos axentes, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o secretario, Juan Luis González Iglesias, o oficial xefe da policía local, Eduardo Rodríguez Regos, e o axente Iván Otero Iglesias.
 
Os novos axentes á parte de asinar a acta de toma de posesión, manifestaron cumprir fielmente as obrigas do posto de policía do corpo da Policía Local deste Concello, con lealdade ao Rei, e de gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado.
 
Formación previa.
 
Logo de superar as probas selectivas conforme á convocatoria da AGASP no ano 2018, pasaron o período teórico en dúas etapas (22/04/2019 a 12/07/2019; e 02/09/2019 a 15/11/2019), e o período de prácticas cos que son agora os seus compañeiros policías en Ordes noutras dúas etapas (13/07/2019 a 01/09/2019; e 16/11/2019 a 30/12/2019); concluíndo todo coa publicación no BOP do 20/01/2020, no que son nomeados funcionarios de carreira.
 
Tanto o alcalde de Ordes como o oficial-xefe solicitáronlles aos novos axentes dedicación no desempeño do cargo, así como o desexo de moita sorte para esta etapa que comezan ao servizo público da veciñanza de Ordes.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo