Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Presentación do libro "Ferreñas & Rock and Roll"
11/02/2020 (Ordes)

 
O vindeiro venres 14 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar a presentación do libro "Ferreñas e rock and roll" de Laura Romero e Iria Pedreira.
 
A publicación chegou ás librerías a comezos de decembro a través de Baía Edicións logo de ser galardoada co premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado en 2018 pola Deputación da Coruña. O acto contará coa presenza das dúas autoras, da directora de Baía Edicións, Belén López, e do músico e escritor Xurxo Souto.
 
A publicación fai un percorrido pola traxectoria de trinta e unha mulleres que deixaron unha fonda pegada na historia da música en Galicia, non sempre recoñecida, polo que este libro quere visibilizar as músicas galegas nun eido dominado polos homes, ao abeiro das cifras de participación en festivais de música e do devandito descoñecemento xeneralizado de moitas destas mulleres.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo