Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Proxección en Ordes do documental Murmurios de silencio co gallo do 25N
26/11/2019 (Ordes)

Susana García apelou á importancia de traballar dende idades temperás nos centros académicos para eliminar a problemática da violencia de xénero

Ordes, 26 de novembro de 2019. Arredor de medio cento de persoas asistiron á proxección do documental Murmurios de silencio. Esta tivo lugar na Casa da Cultura de Ordes na tarde de onte. Un acto englobado dentro do programa de conmemoración do 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

     Susana García, presidenta da Mancomunidade de Ordes e concelleira de Política Social do Concello de Ordes, ofreceu unhas palabras de introdución nas que fixo alusión ao obxectivo do documental como ferramenta para visibilizar casos de violencia de xénero próximos. Na súa intervención tamén destacou a importancia de traballar nos centros educativos dende idades ben temperás para concienciar sobre esta grave problemática social.

    Murmurios de silencio está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e promovido pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR). Na súa realización tamén interviñeron o CIM da Mancomunidade de Ordes, a Consellería de Medio Rural, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), o Fondo Social Europeo, a Asociación de GDR de Galicia e o Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.  


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo