Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Rematada a execución de varias pistas en Pereira, Buscás, Barbeiros e Ordes con cargo ao POS+2018
19/12/2019 (Ordes)

Cun importe na licitación de máis de 271.000 euros leváronse a cabo diversas obras de mellora e afirmado nas parroquias de Pereira, Buscás, Barbeiros e na rúa Boavista da vila de Ordes.
 
Con cargo ás axudas correspondentes ao plan único complementario do ano 2018 veñen de rematarse seis actuacións noutras tantas vías do termo municipal do concello de Ordes, en concreto actuouse con melloras e reafirmados nas parroquias de Pereira, Buscás, Barbeiros e na rúa Boavista da vila de Ordes.
 
Características das obras executadas.
 
1.    Pista dende a  Igrexa á estrada DP-3802 pasando polo Carballo en Pereira. Actuouse nunha lonxitude de 1.400 metros e ampliouse a plataforma de 4 a 5 metros, cunha capa de rodadura de 5 centímetros de aglomerado en quente, contemplando tamén a limpeza de gabias e salvagabias e a canalización de varios bueiros en sección de 40 centímetros para a correcta drenaxe transversal e lonxitudinal. A actuación rematouse co pintado das liñas de bordo, símbolos e a colocación dos sinais verticais precisos.
2.    Estrada Soutozar á Aldea de Abaixo en Pereira. Pista da rede de camiños da concentración parcelaria, con dous treitos, un de 170x5 e outro 225x5, onde se mellorou a rodadura con xabre, logo con 15 centímetros de grava e posterior triplo tratamento asfáltico profundo.
3.    Pista que une Faramilláns co límite con Vilamaior en Buscás. Cunha lonxitude total de 990 metros e 5 de ancho, mellorouse a rodadura con 5 centímetros de aglomerado en quente, tras a reparación previa de fochas e o perfilado de mordentes; así como a limpeza de gabias e salvagabias, e sinalización horizontal e vertical adecuada.
4.    Pista da rede de camiños de concentración parcelaria da 2ª fase da zona da parroquia de Buscás, que une Uzás con Faramilláns. Cunha lonxitude de 285 metros de longo e 5 de ancho cos abanicos correspondentes, mellorouse a rodadura con xabre, logo con 15 centímetros de grava e posterior triplo tratamento asfáltico profundo.
5.    Pista principal de Barbeiros, tramo Mandaios aos Baltares. Cunha lonxitude de 1.110 metros e 5,50 de ancho, así como os sobreanchos correspondentes, á parte dun ramal de 35 metros de lonxitude e 3 metros de ancho, mellorouse en ambos os casos a rodadura con 5 centímetros de aglomerado en quente, tras a reparación de fochas e o perfilado de mordentes; así como a limpeza de gabias e salvagabias, e sinalización horizontal e vertical adecuada.
6.    Rúa Boavista en Ordes, paralela que entronca coa rúa Reverencia e coa rúa Vista Alegre nunha lonxitude de 210 metros e 3 de ancho, onde se acometeron obras de mellora da capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, tras a preparación previa do terreo, e posterior sinalización horizontal e vertical.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo