Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Rematadas as obras de humanización da rúa Reconciliación da vila de Ordes, por un importe de 40.000 euros
24/01/2020 (Ordes)

A rúa Reconciliación que comunica en sentido único de dirección a rúa do parque municipal xunto ao Concello de Ordes coa rúa Compostela foi humanizada en apenas 4 semanas cunha actuación por importe de preto de 40.000 euros.
        
Onte rematáronse as obras impulsadas con cargo ao remanente de 2018 por parte do Concello de Ordes. Cun importe de preto de 40.000 euros, procedeuse á humanización da rúa Reconciliación, unha vella demanda da veciñanza do lugar que deu lugar a un compromiso adquirido polo actual alcalde no mes de febreiro.
 
Descrición das obras executadas.
Procedeuse á construción de 312 m (76x2,00 e 80x2,00 m) de beirarrúa con dez centímetros de xabre de canteira e baldosa granallada de formigón vibrado de 60x4x6, tras a demolición previa da beirarrúa existente e a formación de 156 m (76 e 80 m) de rigola de formigón de 30 cm de ancho, executada in situ.
O carril de circulación quedou conformado tras a pavimentación dun treito de 80x3,50 m con quince centímetros de formigón, incluso malla electrosoldada e xuntas de dilatación, pulido mecánico, curado con tratamento antipó e serrado de xuntas.
Previamente á execución do pavimento procedeuse á canalización duns 40 metros de tubaxe de PVC de 250 mm de diámetro, á execución de 8 arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais, á canalización de 76 m de tubaxe de polietileno de 90 mm de diámetro e 10 atm de presión e 8 m (4 de 2 m) de tubaxe de polietileno de 40 mm e 10 atm coa correspondente valvulería e arquetas de aloxamento para abastecemento de auga potable e á canalización de tubo de polipropileno verde para iluminación pública, todo iso tras a escavación previa de gabia e o posterior recheo compactado desta.
Na execución das obras tamén se procedeu a reparar 20 metros da rede de saneamento que se atopaba en mal estado logo de levantar o antigo enlousado.
Completouse a actuación de humanización coa sinalización horizontal e vertical, con pintado de liñas en bordos e símbolos e a colocación dos sinais verticais necesarios.
 
Situación actual.
A rúa Reconciliación tras o remate das obras pasa a ser unicamente para uso peonil e de circulación de vehículos dende a rúa do parque nas inmediacións do Concello ata a rúa Compostela, pois elimináronse a totalidade das prazas anteriores de estacionamento.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo