Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
RENOVACIÓN DO DNI EN ORDES
07/09/2020 (Ordes)

O equipo móbil de renovación do DNI estará en Ordes os días 26, 27, 28, 29 e 30 de outubro de 2020.

As persoas interesadas en solicitar cita previa, requisito imprescindible para que sexan atendidas, poden dende hoxe mesmo reservala chamando ao 981680002 ou ben acudindo ás oficinas xerais do mesmo Concello. 
 
Nesta ocasión, debido á situación de  pandemia na que nos atopamos, serán de obrigado cumprimento as seguintes medidas:
 
Uso de máscara. 
 
Desinfección de mans no acceso á instalación.
 
Habilitarase o auditorio da casa da cultura como sala de espera e deberán sentar respectando as medidas de seguridade indicadas nas propias butacas do auditorio.
 
O acceso á zona de expedición/renovación será individual e serán chamados seguindo o horario da súa reserva polo que se esixe puntualidade para non perder a quenda.
 
O servizo prestarase no último andar da Casa da Cultura en horario de mañá, con anteparos de protección entre os usuarios e usuarias e os membros da Policía Nacional.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo