Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Rexistradas máis de 1.000 sinaturas para evitar a supresión da Intervención Especial de Armas e Explosivos en Ordes
13/08/2019 (Ordes)

Dende o Concello de Ordes o secretario da Federación Galega de Caza da Coruña, Antonio del Río Viqueira, remitiulle esta mañá a documentación á subdelegada do Goberno

13 de agosto de 2019. Da man de Antonio del Río Viqueira, secretario da Federación Galega de Caza da Coruña, esta mañá rexistráronse no Concello de Ordes 1.000 sinaturas recollidas por toda a comarca solicitando a reconsideración do posible peche da Intervención Especial de Armas e Explosivos (I.A.E.) da Garda Civil en Ordes. Unha solicitude dirixida á subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo.

     A dita demanda súmase á expresada recentemente polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, quen ante o peche deste servizo por vacacións do persoal enviou unha carta igualmente á subdelegación do Goberno expoñendo “que na medida do posible se dote de persoal para manter en funcionamento o I.A.E de Ordes durante o mes de setembro”. Unha solicitude perfectamente entendible se se ten en conta que o período de caza dará comezo o 20 de outubro, obrigando a moitas persoas do colectivo de cazadores a desprazarse a outros lugares para facer os preceptivos trámites.

     Xa recentemente foi o propio presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, José María Álvarez Villar, quen lle solicitara ao delegado do Goberno en Galicia, Antón Losada, a paralización do peche da I.A.E. da Garda Civil en Ordes.  Nunha carta enviada tamén aos alcaldes da zona expoñíase o número elevado de queixas recibidas por parte deste colectivo ante o enorme prexuízo que ocasionaría a supresión do servizo dado o gran volume de cazadores rexistrados na zona. Número especialmente considerable nos concellos de Curtis, Vilasantar, Oza-Cesuras, Mesía, Frades, Abegondo, Carral, Tordoia e Ordes, cuxo número total de armas rexistradas superan as 10.000. A isto súmaselle unha empresa de pirotecnia e cinco canteiras distribuídas polo territorio, nas cales é imprescindible o uso de material explosivo.

   


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo