Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
X Feira de Oportunidades do Concello de Ordes
07/02/2020 (Ordes)

O vindeiro xoves día 13, arranca no 1º andar da Praza de Abastos de Ordes a X Feira de Oportunidades organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).
 
A Praza de Abastos será a localización escollida un ano máis, e con este vai xa unha década, para a celebración da Feira de Oportunidades que organiza o Concello de Ordes. Nela, toda persoa que se achegue dende o vindeiro xoves 13 ata o sábado 15 pola Praza de Abastos poderá atopar as mellores ofertas en roupa, deporte e complementos. O horario de apertura será de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas.
 
Os participantes na X edición da Feira de Oportunidades son:
 
Alfombra Roja (zapatería)
 
Blanco Moda (infantil e xuvenil)
 
Carma (zapatería)
 
Chic (moda muller)
 
Dress (moda muller)
 
Juan Carlos Varela (moda infantil)
 
Muxa (moda muller)
 
Peteiro (decoración)
 
Arco Iris (mercería)
 
Dana e Aine (complementos)
 
Numa (moda muller)
 
El Mercado del Retal.
 
     A maiores, o Concello de Ordes porá á disposición das persoas que visiten a feira un servizo de recuncho infantil. Este servizo estará dispoñible en horario de 18 a 20 horas ampliándose o sábado en horario de mañá de 10:30 a 12:30 horas.
 
     A X Feira de Oportunidades está organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo