Casa Rosinda
981 699 035 / 609 832 010 |
info@casarosinda.com |
Tradición con encanto
Fundada en xuño de 2001, Casa Rosinda é unha excelente mostra da conxugación de tradición e gastronomía. O amor á cociña e ás antigüidades levou ao seu propietario, Alberto González, a converter a casa de labranza na que naceu nun referente da boa comida e o mellor trato. E todo iso nun marco natural de incomparable beleza e a escasos quilómetros da capital de Galicia, Santiago de Compostela.
Tras dous anos de incesante traballo e infinita ilusión, o matrimonio formado por Alberto González e Mª Luz López converteu a casa familiar orixinaria e os seus alpendres nun restaurante-museo, onde os comensais poden gozar á vez de tradición e benestar.
As instalacións conservan en gran medida as estruturas e materiais das construcións orixinais, edificadas a principios do século XX. Decorada tanto no seu interior como no exterior con útiles de labranza típicos de Galicia e con antigas pezas de artesanía.
Casa Rosinda representa un auténtico gozo para todos os sentidos.
Mesía (29.28 km)
Oroso (13.56 km)
Ordes (28.29 km)
Mesía (42.19 km)
Ordes (24.26 km)