Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica

2018

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 2 e Celga 4 (novembro 2018)

Resultados definitivos Celga2

Resultados definitivos Celga 4

 

Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 2 e Celga 4 (novembro 2018)

O prazo de reclamacións remata o 8 de xaneiro e poderán presentarse mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0259/resultados-provisionais-das-probas-celga-novembro-2018

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4 (novembro 2018)

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 4 de outubro de 2018.

Modelo de solicitude

Modelo de autoliquidación de taxas

 

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (maio/xuño 2018)

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0257/resultados-definitivos-das-probas-celga-1-2-4-maio-xuno-2018

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0260/celga-3-resultados-definitivos-das-probas-dos-dias-2-3-xuno-2018

 

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180814/AnuncioG0164-030818-0002_gl.html

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 3 ata o 12 de setembro de 2018, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2019, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

 

Obradoiro de lingua galega (xincana lingüística)

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai impartir un obradoiro de lingua galega para nenos e nenas, mediante a interacción con eles e elas a través dunha actividade tipo xincana lingüística, de xeito lúdico e educativo, que consta de tres partes:

- Carreira de obstáculos (na que obterán sílabas para formar palabras que lles axuden na busca do tesouro)

- Busca do tesouro (onde terán que resolver xeroglíficos, adiviñas, crebacabezas…)

- Xogos populares (como o pano, pés quedos…)

OBXECTIVOS

- Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego

- Favorecer o uso da lingua galega nas actividades lúdicas

- Ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega

- Relacionar  a práctica do deporte co uso do galego

- Ampliar vocabulario relacionado co deporte

POBOACIÓN DESTINATARIA

Nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria (de 6 a 12 anos)

PERIODIZACIÓN

Xullo-agosto 2018

 

Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 2 (xuño 2018)

O prazo de reclamacións remata o 23 de xullo e poderán presentarse mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0256/resultados-provisionais-das-probas-celga-1-2-3-4-maio-xuno-2018

 

Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 3 e 4 (maio/xuño 2018)

O prazo de reclamacións remata o 19 de xullo e poderán presentarse mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0256/resultados-provisionais-das-probas-celga-1-3-4-maio-xuno-2018

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (2018)

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 13 de abril de 2018.

Modelo de solicitude

Modelo de autoliquidación de taxas

 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes organiza a actividade ‘Rosalía verso a verso’, unha acción colectiva a través da rede social Facebook para celebrar conxuntamente o Día de Rosalía, 24 de febreiro (no que se conmemora o seu nacemento), e o Día das Letras Galegas, 17 de maio.

O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía arredor desas datas tan significativas, para o cal creamos un evento en Facebook onde o alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos da comarca (concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo) poida compartir versos da escritora (un audio ou vídeo no que aparezan recitando). Será premiado o centro con máis participantes no evento, ademais de facerse un sorteo entre o alumnado participante (ben individualmente ou en grupo). Os premios (lotes sorpresa para os que contamos coa colaboración da SXPL da Xunta de Galicia) daranse a coñecer en canto finalice o concurso. Pretendemos, asemade, estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego.

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar cos ENDL dos centros educativos solicitándolles a súa colaboración para a difusión e a participación do alumnado na iniciativa.

Os audios e/ou vídeos deberán ser colgados no evento do Facebook creado para a ocasión (Rosalía verso a verso), indicando o centro educativo e o curso ao que pertence o alumnado participante, desde o 24 de febreiro, Día de Rosalía, ata o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

 

Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos Celga 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-290118-0002_gl.html

O prazo para a presentación das solicitudes é de 20 días naturais (ata o 26 de febreiro de 2018).

Como novidade, este ano tamén haberá cursos de teleformación para preparar o Celga 4.

Ademais, o SNL da Mancomunidade organizará e impartirá un curso de 40 horas de preparación do Celga 2, que terá lugar desde mediados de marzo ata finais de maio, en dúas sesións de mañá á semana, os luns e os xoves de 10:00 a 12:30 horas. O prazo para inscribirse remata o 15 de marzo.

 

Convocatorias de cursos de linguaxe administrativa, xurídica e Celga 2018

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa e xurídica dirixidos a persoal da Administración autonómica, das entidades locais, das universidades e da Administración de xustiza en Galicia. Prazo: 8 días naturais a partir do 3 de xaneiro. Máis info:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioO150-221217-0002_gl.html

Convocatoria de cursos de linguaxe xurídica dirixidos a persoal da Administración de xustiza que presta servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. Prazo para presentar solicitudes: 8 días naturais a partir do 3 de xaneiro. Máis info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioO150-221217-0001_gl.html

Prazo de matrícula para cursos de linguaxe administrativa e Celga que se desenvolverán nas escolas oficiais de idiomas durante o segundo cuadrimestre deste curso escolar: do 2 ao 11 de xaneiro de 2018. Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170817/AnuncioG0164-040817-0004_gl.html