Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica

2019

Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga2 e Celga 4 (novembro 2019)

O prazo de reclamacións remata o 14 de xaneiro.

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0021/convocatoria-probas-para-obtencion-dos-certificados-celga-2-4-resultados-provisionais

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4 (novembro 2019)

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 1 de outubro de 2019.

Solicitude

Autoliquidación de taxas

Ademais, o SNL da Mancomunidade organizará e impartirá unhas sesións de preparación de Celga2 e Celga4, de 20 horas de duración, que terán lugar desde o 8 de outubro ao 7 de novembro, os martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas. O prazo para inscribirse remata o 3 de outubro.

 

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190820/AnuncioG0534-070819-0002_gl.html

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2019, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

 

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, Celga2, Celga3 e Celga 4 (2019)

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0020/resultados-definitivos-das-probas-para-obtencion-dos-certificados-celga-1-2-3

 

Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, Celga2, Celga3 e Celga 4 (2019)

O prazo de reclamacións remata o 29 de xullo para Celga 1 e Celga 4.

O prazo de reclamacións remata o 7 de agosto para Celga 2 e Celga 3.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0020/resultados-provisionais-das-probas-para-obtencion-dos-certificados-celga-1-2?fbclid=IwAR3baN9329CPXantVdkyd0WCPXKhcJs8jDg50Dhc0g94uxueG8LdMZZfZd4

 

Obradoiro de lingua galega (xincana lingüística)

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai impartir un obradoiro de lingua galega para nenos e nenas, mediante a interacción con eles e elas a través dunha actividade tipo xincana lingüística, de xeito lúdico e educativo, que consta de varias partes, que se desenvolverán en función do tempo, do espazo físico e do material co que contemos:

- Carreira de obstáculos (na que obterán sílabas coas que formar os nomes de 12 deportes)

- Encesta a bóla (onde terán que resolver crebacabezas ordenando sílabas e letras de léxico deportivo…)

- Pasa a bóla (onde terán que resolver xeroglíficos relacionados co deporte)

- Xogos populares (como o brilé, o pano…)

OBXECTIVOS

- Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego

- Favorecer o uso da lingua galega nas actividades lúdicas

- Ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega

- Relacionar  a práctica do deporte co uso do galego

- Fomentar o coñecemento de palabras relacionadas co campo léxico do deporte

POBOACIÓN DESTINATARIA

Nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria (de 6 a 12 anos)

PERIODIZACIÓN

Xullo-agosto 2019

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (2019)

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 25 de abril de 2019.

Solicitude

Autoliquidación de taxas

 

Listaxes provisionais de persoas admitidas para a realización dos cursos en liña preparatorios das probas Celga 2019

 

Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos Celga 2019

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioG0535-060219-0001_gl.pdf

O prazo para a presentación das solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir do 20 de febreiro.

Este ano haberá cursos de teleformación para preparar Celga1, Celga3 e Celga 4.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL600A&fbclid=IwAR0C0nMIPSazssA9Ywv7ViZLZsrPPgr26XwxMuWWnjv2Sx7Ovp2XG-V7014

Ademais, o SNL da Mancomunidade organizará e impartirá un curso de 40 horas de preparación do Celga 2, que terá lugar desde finais de marzo ata finais de maio, en dúas sesións de mañá á semana, os luns e os xoves de 10:00 a 12:30 horas. O prazo para inscribirse remata o 22 de marzo.

 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes organiza a actividade 'Rosalía e as nosas Letras', unha acción colectiva a través da rede social Facebook para celebrar conxuntamente o Día de Rosalía, 24 de febreiro (no que se conmemora o seu nacemento), e o Día das Letras Galegas, 17 de maio.

OBXECTIVOS

O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía (e/ou doutro/a escritor/a das nosas Letras) arredor desas datas tan significativas, para o cal creamos un evento en Facebook onde o alumnado dos centros educativos da comarca poida compartir versos da escritora (un audio ou vídeo no que aparezan recitando) ou de calquera outro/a ao/á que se lle conmemorara o 17 de maio (non ten por que ser exclusivamente poesía). Os premios (para os que contamos coa colaboración da SXPL da Xunta de Galicia) decidiranse e daranse a coñecer en canto finalice o concurso, dependendo do número de participantes e da valoración dos audios e/ou vídeos en canto a orixinalidade e esforzo (teranse en conta o número de gústames).

Pretendemos, asemade, estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego.

POBOACIÓN DESTINATARIA

Alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos da comarca (concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo).

METODOLOXÍA

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar cos ENDL dos centros educativos solicitándolles a súa colaboración para a difusión e a participación do alumnado na iniciativa.

Os audios e/ou vídeos deberán ser colgados no evento do Facebook creado para a ocasión (Rosalía e as nosas Letras), indicando o centro educativo e o curso ao que pertence o alumnado participante, desde o 24 de febreiro, Día de Rosalía, ata o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

PERIODIZACIÓN

Febreiro-maio 2019.