Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Pazo de Lavandeiras

-Lugar: Lavandeiras.

-Parroquia: San Martiño de Cerceda.

-Denominación: Pazo de Lavandeiras.

-Cronoloxía: Finais do século XVII, principios do século XVIII.

-Estilo: Barroco.

Hai poucos anos que o Pazo de Lavandeiras se levantaba como unha única propiedade, ata que en 1986 foi dividida para repartirse entre dous irmáns.

Deste xeito, na fachada principal suprimíronse diversos corpos dedicados a cortes que impedían a correcta lectura da fronte. Ademais, colocouse un balcón con lousas de pedra a varanda de madeira que sostén sobre catro piares do mesmo material, enriquecendo compositivamente esta parte.

A restauración do pazo levou a facer unha redistribución do espazo interior, quedando separadas a antiga vivenda dos caseiros da propia construción palaciana. Esta división de propiedades queda reflectida no exterior por unha muralla que entronca coa que cerca a leira.

O estado previo no que o enfuscado dunha parte loitaba con forza da pedra, materializada aquí en forma de cachotería e cantería para vans e esquinais, é resolta na reforma a favor do material granítico, que queda á vista en todos os paramentos.

A leira complétase con outras construcións auxiliares propias de grandes casas nativas como na que nos atopamos. Consta dunha capela levantada no ano 1705, con pináculo e espadana que apuntan ao barroco, un pombal de planta circular, un hórreo de madeira sostido sobre catro patas de cantería, ademais dun alpendre e as antigas cortes onde agora se refuxia o coqueto estudio do propietario e técnico autor da axeitada restauración, que cun claro e definido criterio recuperou tamén diversos elementos que ennobrecen o pazo, tales como as antigas bacías dos animais, os dous escudos nos que aparecen as armas das familias fundadoras ou o reloxo de sol colocado sobre unhas portas.

NOTAS:

-Restaurado.

-Ampla leira con outras construcións modernas separadas do conxunto histórico composto por edificio rectangular, fermosa capela e varios hórreos.

-Na fachada principal, sobre un muro enfuscado, existe un escudo timbrado de coroa con catro cuarteis; en dous vese un castelo, un león, paus e unha faixa cruzada e a banda engolada de dragantes dos Andrade.

-Juan Álvarez Becerra consta entre os fundadores desta casa, apelido que tamén figura na torre de Gontón.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Pazo de Lavandeiras
Cerceda - Parroquias
Cerceda (1.23 km)
Ecomuseo - Museo
Cerceda (1.28 km)
Igrexa de San Martiño de Cerceda - Arquitectura Relixiosa
Cerceda (1.33 km)
Museo do Moucho - Museo
Cerceda (1.48 km)
Aquapark - Lugares de interese
Cerceda (2.50 km)