Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Capela de San Roque e Cruceiro de Moar

Situada na parroquia de Santaia de Moar. Do mesmo xeito cás citadas con anterioridade, a ermida de San Roque encóntrase nun contorno de grande atractivo, no medio dunha carballeira na que se celebra a romaría e na que tamén se levanta un palco da música de moderna construción.

Posúe unha planta rectangular cunha soa nave, pero composta por tres corpos a diferente altura, o cal produce un xogo de volumes cúbicos no exterior, sendo de maior altura o corpo central. Trátase dunha construción de dimensións reducidas, e nela ábrense poucos vans. Os muros son de cachotería á vista e a cuberta de tella, nos corpos dianteiro e posterior a dúas augas e no central a catro.

Como peculiaridade, cabe mencionar a presenza da espadana desprazada cara a un lado, en lugar de encontrarse no eixo central da fachada principal, no que se dispón a porta, carente de elementos decorativos, e un pequeno van que alberga a imaxe de San Roque, santo ao que está dedicada a capela. No mesmo eixo, e como remate da cumieira, unha cruz, e nun lateral a xa citada espadana, de dous arcos e remate en pináculos.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Capela de San Roque e Cruceiro de Moar
Mostra de apeiros tradicionais - Museo
Frades (0.65 km)
Parroquia de Moar - Parroquias
Frades (1.92 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Moar - Arquitectura Relixiosa
Frades (1.93 km)
Parroquia de Frades - Parroquias
Frades (2.02 km)
Capela da Madalena e Cruceiro de Frades - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.02 km)