Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa parroquial e Cruceiro de Añá

Sitúase nun núcleo de poucas vivendas, rodeada dunha bonita paisaxe e acompañada dun cruceiro. Forma conxunto co cemiterio, distribuído entre o chan do adro e os arredores da igrexa. É de planta rectangular cunha soa nave que denomina todo o conxunto e un pequeno corpo engadido nun lateral que fai a función de sancristía. Un coro alto levántase aos pés da igrexa. Construída na honra de Santa María.

Está construída en cachotería revestida de cemento e pintada de cor branca no ano 2010, coas pezas de cantería arredor dos vans, que non son abondosos. A cuberta é de tella a dúas augas. Os muros interiores están recebados e pintados en branco. Na fachada emprégase o habitual esquema compositivo dominado por un eixo vertical, no que se superpoñen a porta principal, un van –ambos os dous de traza rectangular e sen ornamentación- e a espadana que trunca a cornixa, deixando beirís curvos a ambos os lados. A gran sobriedade do conxunto continúa tamén na espadana, de dous corpos, sendo o superior moito máis estreito, e non conta con máis elementos decorativos que os pináculos e a cruz.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa parroquial e Cruceiro de Añá
Parroquia de Añá - Parroquias
Frades (0.00 km)
Parroquia de Céltigos - Parroquias
Frades (2.39 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Céltigos - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.40 km)
Capela de San Paio e Cruceiro de Añá - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.43 km)
Boado - Parroquias
Mesía (3.29 km)