Igrexa parroquial e Cruceiro de Galegos
Igrexa parroquial do século XVII, de estilo barroco. O seu patrón é San Martiño. Planta dunha soa nave con presbiterio destacado. Fábrica de cachotería revocada e lucida nos parámetros e cantería nos elementos nobres. Presbiterio de arco triunfal de medio punto e, na clave, escudos dos Moscoso. Nos muros norte e sur do presbiterio sartegos do señor Galegos e a súa dona.
Son dous grandes retablos pétreos de cantería de granito formados por un alto zócalo con ménsulas acanaladas e sobre o que repousa un arco de medio punto, sobre pilastras con imposta, flanqueado por dobres pilastras acanaladas e refundidas. O coroamento do entaboamento é clásico con tríglifos. No lucelo as armas do señor de Galegos e a súa dona. Serviu de panteón familiar. O seu estado de conservación é bo.
Frades (0.00 km)
Frades (0.36 km)
Oroso (2.34 km)
Frades (3.61 km)
Frades (3.61 km)