Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa parroquial e Cruceiro de Mesos

Igrexa parroquial de tipoloxía rural, situada nun contorno natural, rodeada por prados e bosque. Construída na honra do Divino Salvador, completa o conxunto o cemiterio na parte traseira.

A planta é lonxitudinal, un tanto irregular polo engadido de pequenos corpos nos laterais. Na actualidade aparece recebada de cemento e pintada de cor branca. O interior tamén aparece reformado e revestido de cal. A práctica inexistencia de vans segue sendo unha constante común neste tipo de igrexa. A fachada principal, na que se adoitan concentrar os elementos decorativos, carece practicamente deles.

Conserva o esquema tradicional, composto por unha porta, rematada en lintel curvo neste caso, dous vans no lugar do único doutras ocasións, e espadana de dous arcos de cemento, dun só corpo, rematada en pináculos e cruz, de aspecto barroco, únicos elementos ornamentais da construción. Todos estes elementos aparecen aliñados no eixo lonxitudinal central da fachada, como é habitual.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa parroquial e Cruceiro de Mesos
Parroquia de Mesos - Parroquias
Frades (0.00 km)
Capela de San Nicolao e Cruceiro de Frades - Arquitectura Relixiosa
Frades (1.39 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Abellá - Arquitectura Relixiosa
Frades (1.94 km)
Parroquia de Abellá - Parroquias
Frades (1.94 km)
Parroquia de Frades - Parroquias
Frades (2.54 km)