Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa parroquial e Cruceiro de Moar

Igrexa parroquial rural de orixe barroca, situada nun núcleo de vivendas.

Posúe planta rectangular, dunha soa nave, que se estreita na parte final e se divide en tres corpos a diferente altura: o dianteiro e o correspondente á cabeceira máis baixos có central e con cuberta a dúas e catro augas respectivamente. Os muros de carga, de cachotería, aparecen recebados, deixando á vista nas esquinas pezas de cantería de pequeno tamaño. As cubertas son de tella curva.

A decoración, se ben bastante austera, concéntrase na fachada, na que aparece, ao longo do eixo vertical central, unha franxa decorativa en pedra, que remata na espadana dun corpo, coroada por pináculos. Esta ornamentación confírelle á igrexa un aspecto máis rico ca outras da zona.

No interior, na parte do altar maior, que está lixeiramente sobreelevada con respecto á nave, sitúase un retablo do século XVIII, que proximamente vai pasar por unha restauración. Algunhas partes do interior están reformadas na actualidade, como o piso de baldosas. O tramo central, máis elevado en altura, cóbrese con bóveda de arestas.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa parroquial e Cruceiro de Moar
Parroquia de Moar - Parroquias
Frades (0.01 km)
Capela de San Roque e Cruceiro de Moar - Arquitectura Relixiosa
Frades (1.93 km)
Pasarelos - Parroquias
Oroso (2.13 km)
Mostra de apeiros tradicionais - Museo
Frades (2.59 km)
Calvente - Parroquias
Oroso (2.95 km)