Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa parroquial e Cruceiro de Papucín

É de estrutura románica, aínda que foi reconstruída, e no testeiro da ábsida vese un pequeno escudo incrustado, procedente quizais dalgún pazo próximo. A moi pouca distancia dela álzase o casal de Quintá de Arriba, que xa perdeu os seus atributos de pazo.

Igrexa na honra de Santa María, que presenta unha planta lonxitudinal e irregular debido á presenza dun engadido lateral, coa parte da cabeceira máis estreita e de menor altura. Todos estes elementos producen un xogo de volumes cúbicos a diferentes niveis. Está construída en cantería de pedra, e en moitas partes da construción están recebadas e pintadas en branco coas esquinas en vans en pedra á vista.

A fachada principal presenta as pezas de cantería á vista e encintadas, e mantense na liña organizativa das demais da zona, cunha porta moldurada, unha fiestra que ilumina o coro, e unha espadana de cemento sustentada por unha base rectangular con sinxela decoración de aplacados; todos estes elementos nun mesmo eixo lonxitudinal central. O interior, moi austero, alberga un retablo de madeira. Merece destacarse a presenza dun pequeno escudo na parte da cabeceira.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa parroquial e Cruceiro de Papucín
Parroquia de Papucín - Parroquias
Frades (0.00 km)
Piscina Municipal - Lugares de interese
Frades (1.80 km)
Área recreativa A Gaiteira - Natureza
Frades (1.88 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Frades - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.07 km)
Capela da Madalena e Cruceiro de Frades - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.10 km)