Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Cabrui

Cunha superficie de 12,31 km2 está formada por: O Abeneiral, O Candal, As Cargas, A Casanova, O Cruceiro, As Foucellas, A Fraga, A Gándara, A Igrexa, Mou, O Pazo , Picoi, Raíña, O Río, Santa Uxías, A Tarroeira, A Tieira da Baiuca, A Tieira Grande, A Tieira Pequena, O Vilar, Vilardevesa, Vilarensal, Vista Alegre e Zacotes.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial orixinalmente datada no século XIII, aínda que tamén ten engadidos doutras épocas, coma parte do campanario, que data do XVIII.

A parte máis antiga conservada desta edificación probablemente sexa o arco triunfal, que descansa sobre uns piares rectangulares.


Arquitectura civil

Atopamos a Casa do Coronel nesta parroquia, que data do 1º terzo do séc. XX. Actualmente dedicada ao turismo rural, esta vivenda posúe unha curiosa historia.

Foi construída a partir dos bosquexos dun alumno de arquitectura que cumpría o servizo militar baixo a orde deste coronel, que sería o propietario da casa.

Este estudante resultou ser o afamado arquitecto Antonio Tenreiro, autor do Banco Pastor da Coruña, entre outras destacadas obras.

Festividades e santuarios

Santo Antón o 9, 10 e 11 de xuño
San Martiño os días 11 e 12 de novembro

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Cabrui
Casa do Coronel - Patrimonio Arqueolóxico
Mesía (0.42 km)
Bascoi - Parroquias
Mesía (2.66 km)
Albixoi - Parroquias
Mesía (3.72 km)
Cumbraos - Parroquias
Mesía (4.10 km)
Torre Fortaleza de Mesía - Patrimonio Arqueolóxico
Mesía (4.69 km)