Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Mesía

As aldeas de Afonsín, Alvite, Amil, Areosa, Astrai, O Campo, A Castiñeira, O Cruceiro, O Curro, A Escaravelleira, Feás, Feás de Arriba, Fondo da Aldea, Gudín, A Igrexa, Leborís, O Monte, Nosiño, O Outeiro, Recelle, Sobrado, Tiñoso, A Torre e Vilar forman os 14,16 km2 que ten de superficie.

Arquitectura relixiosa

A igrexa parroquial, datada do século XVIII, presenta planta de cruz grega. Tanto no interior coma no exterior encóntrase toda recebada. Dentro alberga un retablo ornamentado con pezas clásicas, todas estas encabezadas pola imaxe de San Cristovo.
Na fachada exterior, con todas estas edificacións da zona, é sinxela e sobria; só cabe mencionar os pináculos que coroan a espadana.

Arquitectura civil

En Mesía atópase o Pazo de Recelle, que data do séc. XVII, aínda que dista moito do que é un pazo, pero mostra claramente a gran casa que foi.
Un escudo pendura na fachada. En canto á súa estrutura, é unha planta rectangular na que se poden observar dous tipos diferentes de pedra, que veñen cadrando cunha fenda na fachada, que indica que a construción foi feita en dúas veces.
Nestas inmediacións atoparemos tamén un hórreo de tres cepas e unha fonte cunha pía de cantería.

Santuarios e festividades

As Misas, na fin de semana despois de Corpus
San Cristovo, segunda fin de semana de xullo
Na honra á Virxe das Mercedes os días 8 e 9 de setembro
A “Romaría dos Quintos” o día 24 de setembro

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Mesía
Pazo de Recelle - Patrimonio Civil
Mesía (0.05 km)
Torre Fortaleza de Mesía - Patrimonio Arqueolóxico
Mesía (3.30 km)
Área recreativa Brañas de Valga - Natureza
Mesía (3.37 km)
Aula da Natureza e Museo Etnográfico Brañas de Valga - Museo
Mesía (3.43 km)
Área recreativa Ponte Carballa de Abellá - Natureza
Frades (3.59 km)