Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Visantoña

Ten unha superficie de 12,1 km2 e está formada polas aldeas de Busto, O Calexo, A Calzada, A Carballeira, O Castro, Covelo, Escaravelleira, Guitiriz, A Igrexa, Os Martices, A Painceira, O Pedrido, O Pousadoiro, A Ribeira, Os Ricos, O Rochiño, Seble, A Valga e Vilanova.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial de construción bastante actual, é de planta rectangular, e no seu interior atopamos un arco triunfal, que aparece remarcado no seu exterior cunha altura sobreelevada do resto da construción, cuberta cun teito de catro augas.

Carece de ornamentación exterior. Só posúe uns pináculos na fachada principal.

No interior gárdase un retablo do século XVIII.

Santuarios e festividades

As Flores celébranse o último domingo de maio.
Na honra á Virxe do Rosario os días 2 e 3 de xullo.
San Martiño o 10, 11 e 12 de novembro.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Visantoña
Aula da Natureza e Museo Etnográfico Brañas de Valga - Museo
Mesía (0.71 km)
Ruta de sendeirismo da Fraga aos Muíños - Roteiros
Mesía (0.74 km)
Área recreativa Brañas de Valga - Natureza
Mesía (0.74 km)
Olas - Parroquias
Mesía (3.31 km)
Mesía - Parroquias
Mesía (4.07 km)