Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Dolmen de Cabaleiros

Os dolmens son construcións de enormes bloques de pedra que configuran unha cabana de forma ovoide ou rectangular sempre orientada cara ao leste , como é o caso da “Casa da Moura”, un dos dolmens mellor conservado en Galicia deste período e que está situado na parroquia de Cabaleiros (saída dirección á Tablilla) rodeado dun fermoso piñeiral, e que pola súa importancia histórica se converte en visita obrigada ao camiñante.

O nome da Casa da Moura remóntase a unha vella lenda que narra como se vira aparecer a unha meiga moura tecendo no seu interior. De todos os xeitos, en toda Galicia atopamos dolmens con nomes similares, e é que os “Mouros ou Mouras” aparecen en gran parte de lendas autóctonas moi interesantes de escoitar.

A existencia deste dolmen na área de Tordoia indícanos que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos máis importantes. Dise tamén que estas construcións as colocaban para delimitar territorios asentados, que, tras facer unha selección para pastos e cultivo, queimaban zonas de arboredo, e sobre as súas cinzas dedicábano á agricultura. Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e á calidade dos seus pastos, o que repercute na súa actividade económica, a gandería e os cultivos forraxeiros.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Dolmen de Cabaleiros
Hórreo en Soufe - Lugares de interese
Tordoia (0.38 km)
Zona deportiva e de ocio da Rega - Lugares de interese
Tordoia (0.41 km)
Cabaleiros - Parroquias
Tordoia (0.66 km)
Tordoia - Parroquias
Tordoia (1.35 km)
Igrexa Cabaleiros - Arquitectura Relixiosa
Tordoia (1.54 km)